Calidad de vida y satisfacción en la mujer con reconstrucción mamaria inmediata tras mastectomía por cáncer

  1. Cereijo Garea, Carmen
Dirixida por:
  1. Benigno Acea Nebril Director
  2. Salvador Pita Fernández Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 09 de outubro de 2018

Tribunal:
  1. Társila Ferro Presidente/a
  2. Sonia Pértega Díaz Secretaria
  3. Jaime Jimeno Fraile Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 571119 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxectivo. Os obxetivos foron analizar a calidade de vida e satisfacción tras a reconstrución mamaria inmediata e os seus determinantes. Método. Estudo ambispectivo (n=101; α=0.05; precisión=10%) de reconstrución mamaria tras mastectomía por cancro. Estudáronse datos antropométricos, socio-culturais e clínicos, test de Fagerström, comorbilidade de Charlson e cuestionario BREAST-Q©. Obtívose consentimento informado das pacientes e aprobación do comite de ética (código 2013/253). Realizouse unha análise de regresión loxística para identificar as variables asociadas á calidade de vida e satisfacción. Resultados. A media de idade ao diagnóstico foi de 44.87 ± 8.5 anos. Realizouse mastectomía aforradora de pel (42.7%) e reconstrución con implante (74.5%). O dominio de calidade de vida con menor puntuación foi o benestar sexual (61.5). O dominio de satisfacción con menor puntuación foi coa mama (59) e o de maior puntuación foi a satisfacción cos coidados dos profesionais (100). O peor benestar físico do tórax asociouse coa mastectomía aforradora de pel (OR=4.2) e o linfedema (OR=12.9). O tratamento con anticorpos asociouse con peor benestar psicosocial (OR=4.25) e sexual (OR=7.34). Unha maior dependencia á nicotina disminuíu a satisfacción coa mama (OR=2.41) e co resultado (OR=2.45). A menor satisfacción coa información asociuse coa mastectomía aforradora de pel e mamila (OR=4.21). A satisfacción co cirurxián aumentou coa idade (OR=0.93) (p=0.07) e o maior nivel de estudos (OR=0.07). A satisfacción coa enfermería foi maior se a muller tiña estudos superiores (OR=0.09), reconstrución con implante (OR=0.13) e estaba a tratamento hormonal (OR=0.13). Rozando a significación (p=0.06), menor satisfacción coa enfermeira asociouse con estar a tratamento con ansiolíticos (OR=5.65). Conclusiones. O tratamento e o linfedema modifican a calidade de vida. A satisfacción coa mama e o resultado asóciase coa dependencia á nicotina. A satisfacción cos cuidados asóciase cos tratamentos e as variables sociodemográficas da paciente.