Células madre pluripotentes inducidasgeneración, caracterización y aplicaciones en el estudio y tratamiento de la artrosis

  1. Castro Viñuelas, Rocío
Dirixida por:
  1. Silvia Díaz Prado Director
  2. Isaac Manuel Fuentes Boquete Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 30 de abril de 2019

Tribunal:
  1. Javier de Toro Santos Presidente
  2. María Esther Gallardo Secretario/a
  3. Emma Muiños López Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 590197 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A artrose é a patoloxía articular de maior prevalencia e unha causa importante do deterioro da calidade de vida. Con todo, non existen tratamentos efectivos nin fármacos que promovan a reparación de lesións na cartilaxe articular. O descubrimento das células nai pluripotentes inducidas ou iPSCs proporcionou unha fonte celular con gran potencial en Biomedicina xa que as súas propiedades convértenas nunha ferramenta prometedora para o modelado de enfermidades e aplicacións de medicina rexenerativa e enxeñería tisular. Os obxectivos deste traballo foron, en primeiro lugar, xerar e caracterizar iPSCs a partir de fibroblastos de pacientes con artrose de mans, co fin de establecer modelos celulares da enfermidade. En segundo lugar, dentro dun enfoque da enxeñería tisular, buscouse profundizar na diferenciación condroxénica das iPSCs co fin de xerar in vitro un tecido similar á cartilaxe articular utilizando técnicas de impresión 3D. Os resultados obtidos mostraron a xeración exitosa de dúas liñas de iPSCs de pacientes artrósicos e unha liña de doante san, as cales presentaron distinta capacidade de diferenciación cara á liñaxe condroxénica e, por iso, poderían ser utilizadas como ferramenta para profundizar no coñecemento das bases celulares e moleculares que conducen ao desenvolvemento de artrose. Demostrouse ademais que as células iPSCs poden someterse a impresión 3D e diferenciarse condroxénicamente para xerar un tecido similar á cartilaxe articular.