Proteomic characterization of the E3 ubiquitin-ligase Hakaibiological insights and new therapeutic strategies

  1. Díaz Díaz, Andrea
Dirixida por:
  1. Angélica Figueroa Conde-Valvís Co-director
  2. María Esperanza Cerdán Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 28 de xullo de 2020

Tribunal:
  1. Miguel Abal Posada Presidente
  2. Mónica Lamas Secretaria
  3. David Gómez Matallanas Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 630065 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O carcinoma é o tipo de cancro máis común e xorde das células epiteliais. A transición do adenoma ao carcinoma está asociada á perda de E-cadherina e, en consecuencia, aos contactos intercelulares. A E-cadherina é un supresor tumoral que se encontra regulado negativamente durante a transición epitelio-mesénquima (EMT), e a súa perda é un marcador de mala prognose durante a progresión do tumor. Hakai é unha E3 ubiquitina-ligasa que media a ubiquitinización da E-cadherina, a súa endocitose e a súa conseguinte degradación. Aínda que a E-cadherina é o substrato máis coñecido de Hakai, outras dianas moleculares reguladas por Hakai poden estar implicadas na plasticidade celular durante a progresión tumoral. Neste traballo empregamos a técnica iTRAQ para explorar novas vías moleculares implicadas na EMT inducida por Hakai. Os nosos resultados mostran que Hakai pode ter unha influencia importante sobre proteínas relacionadas co citoesqueleto, proteínas extracelulares asociadas co exosoma, proteínas relacionadas co ARN e proteínas implicadas no metabolismo. Entre as proteínas reguladas por Hakai, describimos a Anexina A2 coma un novo posible substrato de Hakai. Ademáis, describimos una relación entre Hakai e o complexo chaperona da proteína Heat shock protein 90 (Hsp90). Tamén, os nosos resultados revelan que a inhibición farmacolóxica de Hsp90 con geldanamicina resulta na degradación de Hakai vía lisosoma. Así, propoñemos a Hakai como unha nova proteína cliente da chaperona Hsp90, destacando un novo mecanismo polo cal os inhibidores de Hsp90 poden influir no proceso de EMT mediado por Hakai e no tratamento do cancro.