Análise cualitativa das habilidades de escoita activa sobre unha mostra de profesionais sanitarios

  1. Sabela Bermúdez Míguez
  2. Jorge García Fernández
Revista:
Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

ISSN: 2444-6653

Ano de publicación: 2016

Título do exemplar: O mal

Número: 9

Páxinas: 83-87

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

Resumo

Numerosos estudos evidencian a efectividade dos programas de habilidades de comunicación nos profesionais sanitarios e relacionan a aplicación de habilidades de comunicación propias da escoita activa con beneficios na atención sanitaria. Este traballo ten como obxectivo principal definir e clasificar as habilidades de comunicación presentadas nun grupo de profesionais sanitarios. Para iso, elaborouse un cuestionario con distintas situacións problema e recolleuse a produción de respostas comunicativas de 34 profesionais pertencentes á Unidade de Rehabilitación da Fundación Instituto San José de Madrid. Comparáronse as porcentaxes de produción ante distintas situacións contextuais e distintos formatos de resposta posibles. Os resultados reflectiron que a maior parte de respostas emitidas se podían clasificar como non empáticas fronte ás respostas empáticas, atopando diferenzas significativas entre as mesmas. (P< 0,05). Os resultados obtidos concordan cos atopados ao longo da bibliografía. É de esperar que a aplicación de programas de habilidades de comunicación efectiva no ámbito sanitario mellore a posta en práctica das mesmas e leve beneficios importantes en numerosas variables propias do proceso asistencial, incluíndo as relacionadas co benestar tanto do paciente como do profesional sanitario.