Criterios de risco sociosanitario asociados á claudicación familiar e/ou angustia ante a alta hospitalaria na unidade de coidados paliativos do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (C.H.U.A.C.)

  1. Vilar Pumares, Maira 1
  2. Rodríguez Sierra, Miriam 1
  3. Andaluz Corujo, Luisa 1
  4. Sanmartín Moreira, Juan 1
  1. 1 Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
    info

    Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/044knj408

Revista:
Revista galega de traballo social "Fervenzas"

ISSN: 1698-5087 2254-7657

Ano de publicación: 2020

Número: 22

Páxinas: 39-54

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista galega de traballo social "Fervenzas"

Resumo

O seguinte estudo relaciona dous diagnósticos sociosanitarios na atención paliativa no ámbito hospitalario: a claudicación familiar e a angustia ante a alta hospitalaria. Ademais analizaremos os criterios de risco sociosanitario presentes en cada un destes diagnósticos ou en ambos. Con isto preténdese facer visibles aqueles criterios de risco mais prevalecentes, sobre os que debemos realizar un maior esforzo de intervención co coidador ou coida-dora principal, coa familia e co/coa doente. Tamén se pretende destacar a importancia do equipo interdisciplinar na toma de decisións e recoñecer os aspectos sociais para garantir os apoios necesarios a alta hospitalaria.No traballo social sanitario hospitalario, atopamos en moitas ocasións estes dous diagnósticos como problemas fundamentais á hora de afrontalo traballo co/a doente e os/as seus/súas coidadores/as principais. Tentamos a través dos datos, visibilizar e ser conscientes de que a claudicación familiar e a angustia á alta ante as necesidades de coidados, son un hándicap pouco recoñecido á hora de afrontar e planificar a alta hospitalaria, por tódolos actores implicados: pro-fesionais, doentes e coidadores/as principais. Ambos diagnósticos son os máis prevalecentes en todos e todas doentes estudados/as.O equipo que realizamos este estudo, comprobamos que os diagnósti-cos de enfermidade avanzada e complexa xéranlle unha grande angustia á familia e ao/á doente que está totalmente relacionada coa sobrecarga emocional e as dificultades das persoas para buscar solucións ás necesida-des/problemas. Temos claro que familias e doentes non son capaces, nun momento dado, de atopar solucións de coidados, polo esgotamento xeral –de índole física, psicolóxica e social–, e isto dá lugar a medos e angustias que dificultan o regreso ao domicilio do/da doente en condicións óptimas. Se comprendemos a situación de esgotamento, podemos atenuar e mellorar as habilidades para atopar opcións que faciliten a busca de coidados á alta hospitalaria.Os e as doentes estudados, son os que estiveron ingresados na Unidade de Coidados Paliativos do C.H.U.A.C., durante o ano 2017, e que precisaron intervención do traballador/a social sanitario/a. Os datos empregados son os recollidos no Rexistro de Datos Sociosanitarios (REDISS).