Patrón de expresión de los niveles séricos de HLA-G y su relación con la evolución clínica de los pacientes tras el trasplante cardiaco

  1. Grille Cancela, Zulaika
Dirixida por:
  1. Eduardo Barge Caballero Director
  2. María Generosa Crespo Leiro Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de marzo de 2023

Tribunal:
  1. África González Fernández Presidenta
  2. Javier de Toro Santos Secretario
  3. Luis Almenar Bonet Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 798913 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introducción: O HLA-G prodúcese por aloenxertos e células mononucleares que se infiltran nos tecidos transplantados. A expresión de HLA-G indúcese en situacións patolóxicas como enfermidades autoinmunes e inflamatorias, infeccións virais, cancro e transplantes. Os niveis elevados de HLA-G soluble (sHLA-G) asociáronse significativamente cunha mellor aceptación do enxerto nos transplantes de células nai hematopoiéticas, corazón, ril e fígado/ril. Obxectivo: Describir a evolución dos niveis de sHLA-G durante os primeiros 12 meses despois do transplante cardiaco (TC) e a súa correlación con eventos clínicos a curto e longo prazo. Métodos: Estudo observacional, unicéntrico, baseado nunha cohorte de 59 pacientes con TC realizado entre decembro de 2003 e marzo de 2010. Os niveis de sHLA-G medíronse a partir de mostras de soro tomadas antes do TC, e 1, 3, 6 e 12 meses despois do TC. A concentración acumulada de expresión de sHLA-G durante o primeiro ano despois do TC foi avaliada pola área baixo a curva (ABC) dos niveis de sHLA-G ao longo do tempo e correlacionouse coa carga do rexeitamento agudo -avaliado mediante unha puntuación de rexeitamento-, a presenza de enfermedade vascular do inxerto (EVI) -CAV – ISHLT grao ≥1 e infeccións durante o primeiro ano postransplante. Os resultados a longo prazo avaliados neste estudo foron a supervivencia global, a supervivencia libre de hospitalización por disfunción tardía do enxerto e a supervivencia libre de neoplasia. O seguimento medio foi de 12,4 anos Resultados: Os niveis de sHLA-G diminuíron durante o primeiro ano postransplante (p=0,020). A ABC dos niveis de sHLA-G durante o primeiro ano despois do TC foi maior nos pacientes con infección en comparación cos sen infección (p = 0,006). Non se atopou ningunha asociación entre a ABC dos niveis de sHLA-G e a carga de rexeitamento agudo ou o desenvolvemento de EVI no primeiro ano tralo TC. Respecto aos eventos a longo prazo, a supervivencia global, a supervivencia libre de hospitalización por disfunción tardía do enxerto e a supervivencia libre de neoplasia non foron significativamente diferentes en pacientes cunha ABC de niveis de sHLA-G por riba ou por debaixo da mediana da poboación do estudo Conclusións: Os niveis de sHLA-G diminúen durante o primeiro ano despois do TC. A maior expresión de HLA-G asociouse cunha maior frecuencia de infeccións, pero non coa carga de rexeitamento agudo ou o desenvolvemento de EVI, nin coa supervivencia a longo prazo do paciente ou do enxerto.