Avaliación neuropsicolóxica e intervención psicoterapéutica nun caso de status epilépticoadaptación á enfermidade e familia

  1. Sabela Bermúdez Míguez
  2. Alicia Carballal Fernández
Revista:
Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

ISSN: 2444-6653

Ano de publicación: 2014

Título do exemplar: O medo

Número: 7

Páxinas: 81-88

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

Resumo

O status epiléptico defínese coma un trastorno neurolóxico no que o doente sofre crisis convulsivas continuas sin que se de recuperación da conciencia entre as mesmas. Este estado é considerado unha urxencia médica, xa que compromete o funcionamento cognitivo e vital da persoa que o padece. No presente artigo, descríbese o caso dunha doente que sofre crisis xeneralizadas e status epiléptico. Detállese a continuación, o proceso de avaliación e rehabilitación neuropsicolóxica e intervención psicoterapéutica realizada, así coma os resultados obtidos tras o seguimento do caso. Finalmente, realízase unha discusión sobre os modelos de intervención empregados na actualidade en doentes con Dano Cerebral Adquirido dende a área de Neuropsicoloxía e se presenta a necesidade de levar a cabo programas holísticos que inclúan ás familias como ámbito de intervención e a súa implementación no Sistema de Saúde Público.