Relación entre la ciencia y el arte moderno y contemporáneo y su uso en divulgación científica
- García Bello, Deborah
- Moisés Canle Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 18 de decembro de 2023
- María Vallet-Regí Presidente/a
- Socorro Castro García Secretaria
- Francisco Román Villatoro Machuca Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A evolución da arte foi acompañada da evolución científica e tecnolóxica. Algúns materiais e técnicas orixinaron novos movementos artísticos, e algúns materiais e técnicas desenvolvéronse para satisfacer as demandas dos artistas. Os artistas fan uso das ferramentas que a ciencia e a tecnoloxía lles proporcionan non só polas súas calidades plásticas, senón tamén como parte do código de comunicación (unha escultura de bronce non significa o mesmo que unha escultura de aceiro ou madeira). Sobre todo na arte moderna e contemporánea, os materiais teñen unha importante carga simbólica, que se estuda desde a semiótica, para cuxa comprensión sería pertinente contar cun coñecemento científico, sobre todo da química. A visión da semiótica da arte moderna e contemporánea desde o prisma da ciencia é a achega máis innovadora e orixinal desta investigación. Os resultados desta investigación sobre os vínculos entre a ciencia e a arte utilizáronse como estratexia de divulgación científica e como unha vía exitosa de achegamento multidisciplinar á cultura científica.