Caso1: Regulación emocional e manexo da ansiedadetraballando desde un enfoque grupal

  1. Lucía Díaz Riola
  2. Leire Meabe Sotomayor
Revista:
Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

ISSN: 2444-6653

Año de publicación: 2022

Título del ejemplar: Corpo

Número: 15

Páginas: 96-103

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

Resumen

Os trastornos de ansiedade e depresión presentan unha elevada comorbilidade entre ambos os dous. Un dos factores que teñen en común é a dificultade para a regulación emocional. Estes son, en moitas ocasións, os principais motivos de consulta polos que se derivan pacientes ás Unidades de Saúde Mental. Nos últimos anos xurdiron varios modelos explicativos chamados transdiagnósticos para agrupar os factores implicados neste tipo de trastornos. Isto levou á aparición de diferentes tratamentos baseados nestes modelos, tanto en formato individual como grupal. Neste estudo ofrecemos un resumo dos resultados obtidos na terapia grupal baseada no Protocolo Unificado para o Tratamento Transdiagnóstico dos Trastornos Emocionais, de David H. Barlow, implantado con pacientes que recibían seguimento nunha das Unidades de Saúde Mental da Área Sanitaria de Ferrol.