COVID-19 crítico, análisis del impacto clínico y en la organización de las Unidades de Cuidados Intensivos
- Ángeles Castro Iglesias Director
- Sonia Pértega Díaz Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 16 de febreiro de 2024
- Ricard Ferrer Roca Presidente/a
- Mónica Mourelo Fariña Secretaria
- Mª Teresa Pérez Rodríguez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O SARS-CoV-2 (severe acute respiratory syndrome coronavirus 2) causou mais de 767 millons de infeccions e case 7 millons de mortes e desestabilizou ata os sistemas de saude mais avanzados. As Unidades de Coidados Intensivos (UCI) tiveron que afrontar unha nova enfermidade, sen tratamento conecido, e un numero de pacientes moi superior a sua capacidade habitual. Os obxectivos desta tese foron: i) Analizar o efecto dun curso curto de corticoides en doses baixas sobre os parametros inflamatorios e de intercambio gaseoso dos pacientes con COVID-19 en ventilacion mecanica; ii) Describir a incidencia, microbioloxia e impacto no prognostico da coinfeccion bacteriana ao ingreso na UCI; iii) Describir como se adaptaron as UCI en Espana durante o primeiro ano da pandemia. Realizouse un estudo observacional retrospectivo de pacientes adultos ingresados na UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense entre marzo de 2020 e decembro de 2021. A sua vez, realizouse unha enquisa entre os membros da Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias que prestaron asistencia durante o primeiro ano da pandemia. Os resultados mostran que un curso curto de corticoides mellorou, polo menos temporalmente, os parametros inflamatorios e o intercambio de gases dos pacientes con COVID ingresados na UCI. Posteriormente, un ensaio clinico demostrou o beneficio deste tratamento. Por outra banda, a incidencia de coinfeccion bacteriana ao ingreso na UCI foi elevada e, ademais, afecta negativamente ao prognostico dos pacientes, polo que se propon un tratamento antibiotico para todos os pacientes ao ingreso na UCI e a sua retirada precoz se a evolucion clinica, analitica e microbioloxica do paciente nas seguintes 24-48 horas permite descartar a coinfeccion bacteriana. A enquisa realizada confirmou que as primeiras vagas da pandemia superaron a capacidade das UCI do pais. Foi posible subsanar as deficiencias materiais, pero non as de recursos humanos. O persoal da UCI sufriu un forte estres emocional e foi necesario crear equipos de apoio psicoloxico aos traballadores. A pandemia supuxo un freo as actividades non asistenciais, asi como un impulso a formacion a distancia, ao traballo en rede e aos grandes grupos de investigacion.