Enfermedad hepática grasa no alcohólica avanzada enpacientes con diabetes mellitus tipo 2

  1. Sánchez Bao, Ana María
Dirixida por:
  1. Diego Bellido Guerrero Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de marzo de 2024

Tribunal:
  1. Ana Belén Crujeiras Martínez Presidenta
  2. Alfonso Vidal Casariego Secretario
  3. José Ríos Guillermo Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Introdución: A EHGNA e a causa mais comun de enfermidade hepatica cronica, afectando a unha cuarta parte da poboacion adulta mundial. A EHGNA esta intimamente relacionado coa DM2, a obesidade e a sindrome metabolica. A evolucion da patoloxia ainda e incerta, pero sabese que a presenza de fibrose e o principal predictor de progresion da enfermidade, complicacions e mortalidade, polo que e de vital importancia identificar a presenza de fibrose avanzada. Obxectivo: estimar a prevalencia de EHGNA avanzada nunha poboacion con DM2 e definir as suas caracteristicas fenotipicas. Material e metodos: analizaronse os datos de 577 pacientes con DM2 que acudiron sucesivamente as consultas para a sua revision de rutina. A mostra estudada incluiu 265 (45,8%) homes e 312 (54,2%) mulleres, cunha idade media de 65,4 } 7,8 anos, un IMC medio de 31,50 } 5,36 kg/m2 e un tempo de evolucion da DM2 de 12,9 } 8,56 anos. Avaliaronse clinicamente os suxeitos, realizaronse 4 indices indirectos de fibrose (APRI, NAFLD Fibrosis Score, FIB-4, Hepamet Fibrosis Score) e elastografia hepatica de transicion mediante Fibroscanâ con sonda M e XL. Realizouse unha analise estatistica dos datos disponibles con SPSS R version 22. Resultados: observouse unha prevalencia de EGHNA con fibrose avanzada (³ F3) do 10%. Observouse unha asociacion estatisticamente significativa entre a fibrose avanzada e os valores de RI medidos por HOMA2-IR, asi como co grao de IMC e PC. Non se atopou ningunha asociacion estatisticamente significativa co tempo de evolucion da DM2 nin co grao de control da mesma. Conclusions: unha proporcion significativa de pacientes con DM2 poden presentar fibrose en fases avanzadas (³ F3). O grao de RI, o IMC e o PC poderian ser predictores de risco de fibrose.