Centro de atención: Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Área sanitaria: Área Sanitaria de Ferrol

Servizo: Biblioteca

Traballo como bibliotecaria no Hospital Arquitecto Marcide para a Área Sanitaria de Ferrol dende xuño de 1990. Dende febreiro de 2017 ata decembro de 2022, coordinei a Biblioteca Virtual do Sergas, Bibliosaúde. Realizo unha importante actividade docente e imparto regularmente seminarios, cursos e obradoiros sobre : - procuras bibliográficas e recuperación da información en diferentes e múltiples bases de datos en ciencias da saúde e ferramentas para a recuperación da información en Medicina Baseada na Evidencia, - xestores bibliográficos e estilos bibliográficos, - cursos de apoio á investigación (normalización das firmas de autores e institucionais, identificadores dixitais de autor como ORCID, Perfís de investigadores en Google Scholar, cómo elexir revistas onde publicar e licencias creative commons, open access e repositorios, CVN da Fecyt, ORCID). - Formo parte do comité asesor da Revista TOG. Revista de Terapia Ocupacional da Asociación Profesional Galega de Terapeutas Ocupacionais. http://revistatog.com/index . - Formo parte do Consello Editorial de Enfermería Dermatológica https://www.anedidic.com/revista/estructura-de-la-revista - Socia da Sociedade Española de Documentación e Información Científica- SEDIC (www.sedic.es ) e da Asociación de Profesionais de Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia. BAMAD (www.bamad.gal)