Caso1: Regulación emocional e manexo da ansiedadetraballando desde un enfoque grupal
ISSN: 2444-6653
Ano de publicación: 2022
Título do exemplar: Corpo
Número: 15
Páxinas: 96-103
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG
Resumo
Os trastornos de ansiedade e depresión presentan unha elevada comorbilidade entre ambos os dous. Un dos factores que teñen en común é a dificultade para a regulación emocional. Estes son, en moitas ocasións, os principais motivos de consulta polos que se derivan pacientes ás Unidades de Saúde Mental. Nos últimos anos xurdiron varios modelos explicativos chamados transdiagnósticos para agrupar os factores implicados neste tipo de trastornos. Isto levou á aparición de diferentes tratamentos baseados nestes modelos, tanto en formato individual como grupal. Neste estudo ofrecemos un resumo dos resultados obtidos na terapia grupal baseada no Protocolo Unificado para o Tratamento Transdiagnóstico dos Trastornos Emocionais, de David H. Barlow, implantado con pacientes que recibían seguimento nunha das Unidades de Saúde Mental da Área Sanitaria de Ferrol.